lunes, 26 de septiembre de 2011

Novos contidos, nova web, nova tempada...

A nova web de UT Producións é un feito. Tamén estreamos contidos, proxectos, equipo humano e, en definitiva, a nova tempada en UT. Rematou o verán e coa volta ó traballo estreamos tamén unha curtametraxe (de Manuel Tarrío e Marinha de Toro) e unha reportaxe inédita do Rock&Clown 2011, queda aínda por sair á luz algunha que outra noticia de proxectos que están a piques de converterse en realidade.
Aproveitamos para dar a benvida aos novos integrantes do equipo humano de UT e agradecemos a súa presenza, que ben seguro que aportarán novas ideas, calidade e traballo. Podes coñecelos no apartado "Mundo UT" da web ut producións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario