viernes, 23 de diciembre de 2011

Felices festas!

Ben sexa rodeado da familia, dos amigos, so, coa parella, agarrado á botella de escumoso... que estes días de festas sexan do agrado de todos. En UT desexamos que así sexa, e deixamos esta "tarxeta de felicitación". Esperamos tamén que o novo ano sexa favorable á prosperidade e á cultura. Sen máis dilacións, de todo o equipo de UT: Felices festas e próspero aninovo!!

lunes, 28 de noviembre de 2011

TVG - Na Terra das Castañas

Este martes día 29, ás 23:35, emítese na TVG un programa especial sobre o magosto: "Na Terra das Castañas". Neste documental, de "La Región", UT Producións aportou o seu gran de area levando a cabo o apartado de grafismo. Non o perdas!

viernes, 25 de noviembre de 2011

Día(s) contra a violencia de xénero


De todos nós depende que o día contra a violencia de xénero, unha lacra da sociedade actual, non sexa soamente o 25 de novembro, senón todos e cada un dos días do ano. Non se trata dunha loita, senón do simple respecto entre iguais, de vivir e de deixar vivir. Dende aquí poñemos o noso gran de area, e dirixíndonos a todas as mulleres que o sofren dicímoslle: non estades soas!
Denúnciao no 016

para que o día CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, sexan todos
http://www.utproducions.com

lunes, 26 de septiembre de 2011

Día europeo das linguas!


Hoxe, 29 de setembro, é o día europeo das linguas, e dende UT queremos recordalo dando todo o noso apoio á nosa lingua nai, ó galego!
Podes consultar aquí máis sobre este día: http://edl.ecml.at/

Novos contidos, nova web, nova tempada...

A nova web de UT Producións é un feito. Tamén estreamos contidos, proxectos, equipo humano e, en definitiva, a nova tempada en UT. Rematou o verán e coa volta ó traballo estreamos tamén unha curtametraxe (de Manuel Tarrío e Marinha de Toro) e unha reportaxe inédita do Rock&Clown 2011, queda aínda por sair á luz algunha que outra noticia de proxectos que están a piques de converterse en realidade.
Aproveitamos para dar a benvida aos novos integrantes do equipo humano de UT e agradecemos a súa presenza, que ben seguro que aportarán novas ideas, calidade e traballo. Podes coñecelos no apartado "Mundo UT" da web ut producións.

domingo, 17 de abril de 2011

O traballo dá o seu froito:

Aquí queremos compartir con vos os traballos que nos tiveron ocupados durante estes meses. Trátase de tres pezas audiovisuais, unha para presentar un cartafol (Xeración dos Axóuxeres), un traballo da secretaría xeral de política lingüística, e os outros dous spots para o festival Rock&Clown, organizado polo concello da Estrada.





lunes, 3 de enero de 2011

Somos 3.000!!

Non, non é un novo filme, xa somos máis de 3.000 amigos en Facebook!!
A familia de UT segue a medrar e nada máis comezar o ano acadamos a fantástica cifra de 3.000 amizades.
Seguiremos a traballar para todos vos, levando a cabo todos os proxectos activos, creando novos, e promovendo a cultura e a creatividade.
O equipo de UT quere agradecer sinceramente a todos esta amizade, e tentará sorprendervos con novos contidos e novos filmes nos vindeiros meses.

As máis sinceras GRAZAS!

Podes seguir a nosa páxina oficial de facebook UT PRODUCIÓNS.com
Tamén nos podes seguir en Twitter
Ou deixarnos a tua opinión na web: www.utproducions.com