sábado, 25 de septiembre de 2010

Un UTi cumpre anos!

Dende aquí felicitamos a Fran Godón, coordinador de UT PRODUCIÓNS, que este domingo 26 de setembro faise un ano máis vello. Fran Godón, natural da Pobra do Caramiñal e profesor de secundaria, é un dos perpetradores da produtora. Del naceu a idea de formar este grupo que hoxe se coñece como UT, e de xuntar a todo o equipo humano que nos rodea. Director de múltiples pezas audiovisuais e teatrais e cabeza pensante en todos os proxectos nos que se embarca a compañía. Dende este blog felicitámolo e dámoslle as grazas por todo o que fixo e está a facer por UT PRODUCIÓNS.
Felicidades Fran.

Queres coñecer máis sobre Fran? Accede a Mundo UT na páxina web oficial da produtora (
www.utproducions.com) e preme na súa imaxe ou preme aquí.

2 comentarios: